Saturday 04 de May de 2024

Concluídos os traballos de pavimentación e ampliación do vial entre Gándara en Riveira e Campo de Patas en Porto do Son


O concello informa da conclusión dos traballos dirixidos á pavimentación do vial que une o lugar riveirense de Gándara (en Oleiros) co sonense de Campo de Patas, na parroquia de San Pedro de Muro.

Cómpre lembrar que a materialización desta obra foi posible despois de que ambas administracións locais decidiran formalizar a principios deste ano a solicitude dunha axuda á xunta ao abeiro da orde 23/12/2015 para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

A empresa en que recaeu a realización da actuación foi canarga, s.l., por un importe de 44.717 euros, ive incluído.

O tramo obxecto da actuación tiña un firme de calzada bastante deteriorado, cun ancho de rodadura de cinco metros. o obxectivo fundamental que se perseguiu consistiu en ampliar a plataforma de rodadura nun metro (pasando de 5 a 6 metros) ademais de mellorar o firme actual cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente.

Tamén incluíu a construción dunha nova rede de drenaxe de pluviais con tubo de pvc e as correspondentes arquetas.